Consellerķa de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia cambiar a castellano mapa cabecera_xunta

Xunta Arbitral

MIXTR0009.jpg

Formulario de reclamacións (pdf - 79 Kb) 

Membros Xunta Arbitral (pdf - 58 Kb) 

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia constitúe un elemento fundamental de defensa dos intereses dos contratantes do transporte.

Fronte á indefensión que supoñía anteriormente a complicación e o custo de reclamar en vía xudicial as débedas do transporte, a posta en funcionamento dun procedemento gratuíto e áxil, como o que se establece para as Xuntas Arbitrais, anima a un número crecente de interesados a presentar as súas reclamacións.

Para a formulación desas reclamacións é suficiente con presentar un escrito acompañado das probas necesarias, logo do cal se procederá á fixación dunha data para comparecer a unha vista oral, sempre en Santiago de Compostela, sen que sexa necesaria a asistencia de avogado á mesma.

Logo de celebrada a vista, ditarase o oportuno laudo arbitral, que dispón de forza executiva, podendo instarse a súa execución en vía xudicial.


2009 (c) Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia.
Servizo prestado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Suxestións