Consellerķa de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia cambiar a castellano mapa cabecera_xunta

Transporte Ferroviario

Nesta modalidade de transporte cabe distinguir fundamentalmente dúas liñas de actuación.

Por unha banda, na liña ferroviaria convencional, no marco do convenio entre o Ministerio de Fomento, Renfe e a Xunta de Galicia para a modernización da rede ferroviaria interior galega, estanse a realizar importantes melloras na mesma, orientadas basicamente á renovación de vías, establecemento de medidas de seguridade, supresión de pasos a nível...

Por outro lado, a construción dunha rede de altas prestacións que permitirá a Galicia contar con conexións intrarrexionais (entre as distintas cidades de Galicia) e interrexionais (fundamentalmente entre Galicia e a Meseta) coas características propias deste tipo de infraestruturas.

Esta rede estará conformada polos seguintes corredores:

- Eixo Atlántico de Alta Velocidade, que unirá Ferrol con Tui, e a súa correspondente conexión con Portugal, favorecida pola construción da saída sur ferroviaria de Vigo.

- Ourense-Lubián, que permitirá a conexión de Galicia coa Meseta.

- Corredor cantábrico, que unirá Ferrol con Bilbao, e con iso a totalidade da costa cantábrica.

- Corredor subcantábrico, Ponferrada-Monforte.

- A Coruña-Lugo, que forma parte do corredor subcantábrico.

- Ourense-Lugo, que unirá directamente as dúas provincias interiores.

- Ourense-Vigo.

- Ourense-Santiago de Compostela.

Coa culminación destes corredores, Galicia disporá dunha rede de infraestruturas ferroviarias competitivas con calquera outro modo de transporte.

2009 (c) Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia.
Servizo prestado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Suxestións