Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia cambiar a castellano mapa cabecera_xunta

Noticias

Desde esta ferramenta pode acceder a calquera noticia publicada en relación coa Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Pode acceder ás Noticias facendo unha procura por data de publicación ou por texto contido na noticia.

Procura por texto libre



Área

Data de publicación

Desdedata desde ata data ata



Buscar

A XUNTA LICITA HOXE AS OBRAS DA PONTE DE PARADAI, EN LUGO, CO OBXECTIVO DE ORDENAR E VERTEBRAR ESTE BARRIO

16/05/2012   

- O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de hoxe o anuncio deste contrato de obra pública
- As previsións da Xunta son iniciar as obras no último trimestre deste ano, sempre e cando o Concello de Lugo faga efectiva a disposición dos terreos libres de cargas e gravames
- Priorízase esta actuación por ser a que contribúe en maior medida a vertebrar a nova zona urbana e mantense o compromiso de execución do resto dos proxectos de xeito acompasado coa dispoñibilidade orzamentaria

Ver noticia

HERNÁNDEZ ANUNCIA QUE EN XUÑO SE LICITARÁN AS OBRAS DO PASO INFERIOR EN SOUTO DE VEA, NO CONCELLO DA ESTRADA

14/05/2012   

- Agustín Hernández recorda que esta actuación ten un investimento de 150.000 euros e que redundará na seguridade viaria dos veciños da Estrada
- Sinala que os esforzos do seu departamento co Concello da Estrada non só se reflicten nas infraestruturas viarias, senón tamén nas hidráulicas, como o saneamento de Sabucedo ou a estación potabilizadora

Ver noticia

A XUNTA EMITE O INFORME PREVIO Á APROBACIÓN INICIAL DO PLANEAMENTO DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

11/05/2012   

- Nos vindeiros días Xunta e concello manterán unha novo encontro co fin de analizar o informe e concretar as cuestións sinaladas

Ver noticia

A XUNTA ESTÁ A TRAMITAR A MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PROXECTO SECTORIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE XINZO DE LIMIA PARA PODER DESENVOLVELO POR POLÍGONOS

11/05/2012   

- O anuncio de exposición pública da modificación do proxecto sectorial foi publicado no Diario Oficial de Galicia o pasado 3 de maio
- A modificación do proxecto sectorial ten como obxectivo que a ampliación do parque se poida desenvolver por polígonos
- A ampliación quedará dividida en cinco polígonos, cunha superficie total de 695.860 metros cadrados

Ver noticia

A XUNTA SUBVENCIONA CON MÁIS DE 260.000 EUROS AO CONCELLO DA CORUÑA PARA REMATAR A TRAMITACIÓN DO PLAN XERAL

03/05/2012   

- O Consello da Xunta autoriza a sinatura dun convenio de colaboración para finalizar a adaptación do PXOM da Coruña á Lei do solo
- O pasado 9 de marzo de 2012 foi aprobada a memoria ambiental, visto e prace que implica que a día de hoxe o concello se atopa en disposición de aprobar provisionalmente o documento do plan

Ver noticia

A XUNTA SOMETE A EXPOSICIÓN PÚBLICA A MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PROXECTO SECTORIAL PARA A AMPLIACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL DE XINZO DE LIMIA

03/05/2012   

- Permitirá realizar a ampliación do parque empresarial por fases, adaptándose á demanda real de solo
- A ampliación do parque empresarial quedará dividida en cinco polígonos
- En total, a ampliación terá unha superficie de máis de 695.000 metros cadrados

Ver noticia

MEDIO AMBIENTE ADXUDICA POR MÁIS DE 1 MILLÓN DE EUROS A PRIMEIRA FASE DAS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DA RÚA JULIÁN VALVERDE DE SABARÍS, EN BAIONA

02/05/2012   

- A actuación correspóndese coa Rúa Julián Valverde no tramo existente entre a rotonda do Ponte Romano e o cruce coa rúa Pereira Troncoso, 500 metros lineais
- Os traballos pretenden a homoxeneización do treito desta rúa convertíndoa nun espazo lineal e ordenado de carácter semipeonil, con espazos diferenciados nun só nivel
- Crearase unha área axardinada que conecte o paseo marítimo e sirva de arranque a dita intervención urbana
- Estas accións forman parte do Plan Hurbe, proxecto que pretende ordenar e priorizar os equipamentos e dar un contido corporativo a todo o mobiliario urbano, arranxo dos espazos públicos
- O prazo de execución destas actuacións é de 7 meses

Ver noticia

A XUNTA COLABORA CO CONCELLO DE OURENSE CUNHA ACHEGA DE 500.000 EUROS PARA A REDACCIÓN DO SEU PLAN XERAL

26/04/2012   

- A Administración galega subvenciona a tramitación do PXOM con máis de 500.000 euros ata 2015
- O Concello non formalizou as dúas fases previstas para a anualidade de 2010 polo que é necesario reaxustar as anualidades á realidade das fases realizadas e as previsións de remate da redacción do plan xeral
- Dende a Xunta destácase que a Administración galega sempre traballou de xeito coordinado co Concello, de feito en outubro de 2011 entrou en vigor unha a ordenación urbanística provisional que afectaba 31 ámbitos de Ourense

Ver noticia

HERNÁNDEZ REITERA NO PARLAMENTO QUE O GOBERNO GALEGO CUMPRE ESTRITAMENTE A SENTENZA XUDICIAL SOBRE CONSTRUCUATRO

25/04/2012   

- O titular de Medio Ambiente subliña que este Goberno non ten por norma facer revisionismo dos actos en materia sancionadora que se consideran lexitimamente adoptados por gobernos anteriores, da mesmo ou distinta cor política
- O conselleiro lembra o contido da resolución non foi posto en cuestión polo Tribunal, como tampouco o foi polo Consello da Xunta de Galicia, que emendou o erro de incompetencia para acordar o sobresemento, mantendo nos seus termos a resolución adoptada sobre o procedemento no ano 2005

Ver noticia

A XUNTA LEMBRA QUE O VINDEIRO XOVES 19 DE ABRIL REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE REGULACIÓN DE NAVES E VIVENDAS SEN LICENZA QUE FORAN CONSTRUÍDAS ANTES DO ANO 2003

17/04/2012   

- Esta solicitude está enmarcada na Disposición Transitoria Terceira da Lei 2/2010, que se centra na situación urbanística das edificacións realizadas sen licenza ou sen autorización autonómica, existentes con anterioridade a o 1 de xaneiro de 2003
- Esta disposición inclúe a novidade de que as edificacións que reúnan os requisitos sinalados poderán inscribirse a nome do seu titular para que poidan incorporarse ao seu patrimonio co obxectivo de evitar graves quebrantos económicos
- Nestas construcións permítense soamente as obras para a conservación da edificación, así como para o mantemento dunha actividade económica sempre que se acredite unha preexistencia continuada dende a orixe da edificación

Ver noticia


2009 (c) Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia.
Servizo prestado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Suxestións