CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Nucleos de sostibilidade

  • Logo

Descrición:

Un Núcleo de Sostibilidade é un concello que aposta por un futuro social, económico e medioambiental sostible para o que asume unha serie de compromisos encamiñados a:

  • Facer que a xente participe na construción do seu futuro.
  • Mellorar e adaptar as súas infraestruturas e instalacións para que sexan máis eficientes.
  • Dar exemplo dende o concello incrementando o aforro enerxético, de auga, etc.
  • Sensibilizar á poboación para que se implique no desenvolvemento sostible do seu concello.
  • Educar aos rapaces para que no futuro a cultura da sostibilidade sexa un valor de toda a cidadanía.

En que consiste o proxecto Núcleos de Sostibilidade?

O obxectivo deste proxecto a desenvolver inicialmente como experiencia piloto, é posibilitar a integración, a nivel local, de todas as accións susceptibles de ser promovidas ou respaldadas polas administracións municipal e autonómica que garden relación directa coa consecución dun desenvolvemento local sostible, coordinándoas en aplicación dos diversos instrumentos que se poden implementar (Avaliación estratéxica da sostibilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal, Axendas 21 local e escolar, educación ambiental, instrumentos de sostibilidade empresarial, de gobernanza municipal, etc).

Para ilo elaboraranse, de forma simultánea e harmonizada, todas estas ferramentas de planificación da sostibilidade, co fin de deseñar un "plan integrado de sostibilidade local", vertebrando actuacións que serán consideradas de carácter prioritario, no só pola Administración local senón tamén polas de orden superior, e que por tanto recibirán o apoio preferente destas para a súa execución posterior.
Pode descargar o texto completo do proxecto en formato pdf

Que é o Plan Integrado de sostibilidade?

O plan integrado de sostibilidade local será pois o instrumento básico de decisión nas actividades de goberno do concello, onde se sentarán as bases dun proxecto a longo prazo, definindo liñas de acción específicas que coordinen os recursos e esforzos provenientes das distintas Administracións públicas e das diversas áreas de goberno municipal para satisfacer tódalas necesidades comúns, estruturais ou innovadoras.
Para adaptar as súas propostas aos cambios e movementos no tempo, de acordo coas condicións políticas, económicas, sociais e tecnolóxicas de desenvolvemento, conterá indicadores de seguimento sobre os resultados, sempre contando coa participación dos axentes sociais e económicos. Os municipios ou entidades locais nos que se leve a cabo esta acción recibirán a denominación de "Núcleos de sostibilidade".

Que traballos se desenvolven dentro dun Núcleo de Sostibilidade?

Os Núcleos de Sostibilidade utilizan distintos instrumentos para acadar a sostibilidade local.

  • Investimentos no eido ambiental, da eficiencia enerxética e da mobilidade para a paulatina transformación das infraestruturas (servizos) do concello cara a unha xestión máis sostible e respectuosa co medio ambiente.
  • Actividades de sensibilización e educación dirixidas a toda a cidadanía para que asuman os valores e prácticas da sostibilidade na súa vida cotiá.
  • Sistema de Xestión Medio Ambiental para a mellora dos procedementos e accións que desenvolve o concello co fin de garantir a eficiencia ambiental (ISO 14001, EMAS).
  • Axenda 21 Local promovida polas autoridades locais, nun proceso aberto e participativo, para coñecer os problemas do concello e establecer un plan de acción que mellore a calidade de vida dos cidadáns, diminúa o consumo de recursos e conserve o medio ambiente natural. (Diagnose, Plan de Acción, Plan de Seguimento, Plan de Participación Cidadá).
  • Axenda 21 Escolar para traballar a través da participación activa do alumnado na análise da calidade ambiental do propio centro educativo e do seu contorno, e na toma democrática de decisións contribuíndo desta forma á preservación global do planeta (Comité ambiental, ecoauditoría, acción-participación).

Qué é unha Axencia Local de Sostibilidade?

Cada Núcleo de Sostibilidade conta cunha oficina (Axencia Local de Sostibilidade) dende a que se levan a cabo e coordinan todas as actuacións a desenvolver polo Núcleo. Ao fronte da Axencia atópase o Axente Local de Sostibilidade encargado de dinamizar este proxecto servindo o mesmo tempo de nexo entre a administración local e autonómica

Cantos Núcleos de Sostibilidade hai?

Na actualidade hai 13 Núcleos de Sostibilidade en Galicia e un en Ecuador.

Mapa de concellos participantes

Documento/s relacionados
  • Núcleos de sostibilidade. O proxecto (formato PDF) Descargar (1039 KB)
Ligazon/s relacionadas
Subir