Foros

Slideshow

Gallery

img_3935_0

Resultados das Conferencias de xóvenes “Vamos cuidar o planeta” (Confint)

Presentamos un cadro resumo dos traballos realizados nestes días intensos:

Resultados das Conferencias de xóvenes Confint

CONFINT GALICIA  (14/1/2012)

CONFINT-ESPAÑA  (26-27/1/2012)

Canción  “Sé un ecocidadán”                        letra Canción   Los jóvenes tenemos que actuar                        letra
Videos “Supernani ecologista”               “As 5Rs Intervencion consejera Medio Ambiente del Gobierno Vasco

  Video             Texto

- 3 pósters para visualizar os compromiso en Vitoria:
   – Esta será a túa terra
   – Normas de consumo racional
    – A ter en conta
Pósters
- Compromisos para conservar o planeta:
    – 3 de alumnado,
    – 1 de profesorado
     – 1 de nais e pais.
-    Mural “Jóvenes unidos actuando hacia un futuro sostenible”- Manifiesto

- “programa radio

- Telenovela Confint

Foto de familia
Foto de familia Confint-EspañaFoto familia delegación galega

 Para mais información podedes consultar:

- http://participarmos.blogaliza.org/2012/01/26/caderno-de-bitacora-confint-esp-2012-en-vitoria-gasteiz-introducion/

e  – http://confint-esp.blogspot.com/

 

 

 

 

 

 

19 rapaces de 8 centros educativos de Galicia debaten sobre Medio Ambiente en Vitoria

 A Conferencia infanto-xuvenil “Vamos cuidar do planeta” (Confint)-España celebrouse en Vitoria reunido a 101 xóvenes de  cinco comunidades autónomas: País Vasco, Canarias, Cataluña, Galicia y Madrid.

 A Conferencia internacional infanto-xuvenil é unha acción interactiva de amplio alcance que moviliza estudantes, docentes e comunidades  locais.

 O alumnado desenvolve debates na  comunidade escolar respecto aos desafíos socio-ambientais contemporáneos.

 É un proceso constructivo de participación democrática onde a súa opinión é valorada e respectada, e na que o alumnado, delibera e acorda propostas, e elixen representantes para expor as súas ideas a nivel rexional, estatal, continental e finalmente  na conferencia internacional

 Na Confint-Galicia, o alumnado en   representación dos diferentes centros educativos da A21EG, partindo dos RETOS de mellora asumidos nos seus centros, desenvolve as súas propostas de compromisos polo planeta para compartir en Vitoria co alumnado doutras zonas de España.

 Finalmente, coincidindo co cumio de  Río+20 e baixo o lema O compromiso da xuventude coa sostibilidade local, conformarase a mensaxe a levar as autoridades políticas sobre os problemas medioambientais locais e globais que afectan ao noso planeta.

 O alumnado que representou a Galicia pertence a os seguintes centros: CPI Progreso de Catoira; IES Concepción Arenal de Ferrol, IES A Sangriña de A Guarda, CPI Tino Grandío de Guntín, CPI Castroverde de Castroverde, IES Terra de Turonio de Gondomar, IES Pontecaldelas de Pontecaldelas e IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña

Estos centros, xunto con un total de 42 en Galicia, están desenvolvendo o programa Axenda 21 escolar de Galicia (A21EG), que desenvolve proxectos de carácter ambiental con especial atención ao desenvolvemento da iniciativa persoal, o traballo en equipo e a responsabilidade social, vinculándose os coñecementos adquiridos co RETO de  realizar duna acción de mellora no entorno próximo.

 Os 101 xóvenes participantes na Confint-España, procedentes de Galicia, Cataluña, Pais Vasco, Canarias e Madrid realizaron unha apretada axenda de traballo elaborando unha declaración e diversas ferramentas comunicativas que tiñeron ocasión de presentar ante a  Consejera de Medio Ambiente, Planificación Territorial, Agricultura e Pesca do Goberno Vasco, Pilar Unzalu.

Seleccionaron dous compromisos de acción para presentar na Confint-Europa: – Fomenta o consumo axeitado e a reducción de residuos, e transmitir valores ambientais mediante a comunicación.

 A Confint-Europa terá lugar en Bruselas os días 14 e 15 de maio de 2012, con un/ha representante de Galicia.

GD Star Rating
loading...
Share

Clausura da Confint ante a Consejera de Medio Ambiente, Planificación Territorial, Agricultura y Pesca do Goberno vasco

 

Fuente: Irekia – Gobierno Vasco

    

Fuente: Irekia – Gobierno Vasco

La Consejera de Medio Ambiente, Planificación Territorial, Agricultura y Pesca, Pilar Unzalu, ha aplaudido hoy el compromiso de la juventud y de la comunidad educativa con las estrategias encaminadas a mejorar el medio ambiente y ha subrayado la necesidad de perseverar en el lema de la Agenda 21 que apuesta por “Pensar globalmente y actuar localmente”.

Pilar Unzalu ha clausurado hoy en Vitoria-Gasteiz la Conferencia Infanto-Juvenil CONFINT que ha reunido en el País Vasco a cerca de 150 alumnos, profesores y facilitadores del conjunto del Estado para trabajar sobre la sostenibilidad y la responsabilidad ambiental. La consejera vasca, quien se ha felicitado por que una conferencia de este tipo se clausure en la Capital Verde europea, ha apostado por “seguir trabajando en la concienciación, reflexión y participación de los jóvenes ante retos tan importantes como los problemas sociales o ambientales”.

GD Star Rating
loading...
Share

OBRADOIRO DE PRENSA CONFINT-ESPAÑA

Somos unos jóvenes que pertenecemos al grupo de prensa de la conferencia estatal que se celebra en Vitoria. Somos representantes de las comunidades autónomas de Catalunya, Canarias, País Vasco, Madrid y Galicia. Llevamos aquí un día, y hemos realizado diferentes actividades:
Después de la inauguración oficial, nos hemos separado en dos grupos y cada comunidad ha explicado a los compañeros su trabajo hecho en sus centros. Más tarde salimos de las salas a presentar los carteles que traía cada comunidad. Nos volvimos a juntar para escoger las dos responsabilidades por grupo que queríamos llevar a la conferencia Europea. Por la tarde, en plenario, debatimos sobre las responsabilidades escogidas, y nuestro trabajo era seleccionar las dos responsabilidades que para nosotros eran las más importantes. Una vez elegidas identificamos las acciones que estamos realizando en nuestro entorno escolar en relación a cada responsabilidad. Por último nos juntamos delegados de diferentes comunidades para poder desarrollar nuestros talleres relacionadas con la comunicación (prensa, carteles, ritmo…).
Desde Vitoria nos despedimos con un fuerte abrazo
Atentamente,
Carla Arias Rufete y IvanSicart Sánchez (Cataluña), Iñigo Sacristán Hormaza (País Vasco) , Cristina Martel Pérez (Canarias), Desiré Vila Bargiela y Brian Domínguez (Galicia) Shyam Pajarón Pangua ( Madrid)

GD Star Rating
loading...
Share

P A R T I C I P A R M O S » Blog Archive » Caderno de bitácora: Confint-ESP 2012 en Vitoria-Gasteiz (Introdución)

P A R T I C I P A R M O S » Blog Archive » Caderno de bitácora: Confint-ESP 2012 en Vitoria-Gasteiz (Introdución).

GD Star Rating
loading...
Share

A Confint-Esp deu comezo con alumnado de 5 comunidades autónomas

ONte deu comezo a COnfint-Esp con 120 alumnas e alumnos de 5 comunidades autónomas, para traballar sobre as diferentes propostas de traballo para o coidado do planeta. Na noite do 25, o alumnado realizou din ámicas de presentación e coñecemento ao tempo que amosaban algún aspecto ou canción representativa da súa comunidade autónoma.

GD Star Rating
loading...
Share

Obradoiros de paisaxe. CEIP Casaio e CEIP Vendas da Barreira

Con motivo da campaña iniciada pola Dirección Xeral de Paisaxe  “12 meses para 12 paisaxes”, iniciouse na “Gran Area paisaxística das Serras Orientais”, obradoiros de lectura da paisaxe en centros educativos.

As visitas realizáronse no CEIP de Casaio (en Carballeda de Valdeorras), o día 10 de xaneiro de 2012 e no CEIP das Vendas da Barreira (Riós), o día 20 de xaneiro.

Elexíronse estes centros por pertencer á rede de centros da A21EG e por ter unha liña de traballo sobre a paisaxe (Casaio) e sobre os soutos dende unha perspectiva antropolóxica (Vendas da Barreira).

En ambos centros os rapaces foron os primeiros en explicar o seu traballo sobre a paisaxe e a súa contorna.

As nenas e nenos de Casaio traballaron sobre unha unidade didáctica sobre a paisaxe elaborada polos seus profesores.  Tamén elaboraran un póster sobre a paisaxe

Os de Vendas da Barreira realizaron un conto sobre o Castiñeiro esquecido e invitaron a un cesteiro, D. Eladio, e a un enxertador, D. Antonio, que ensinaron o seu oficio e comentaron cousas ben interesantes.

Paco Castillo ensinou unhas nocións básicos sobre cómo ler a paisaxe, e finalmente, tanto os rapaces de Casaio como os de Vendas da Barreira apuntáronse a ser os primeiros Voluntarios da Paisaxe.

Ver mais fotos do obradoiro da paisaxe en Vendas da Bareira

 

GD Star Rating
loading...
Share

Celebrada a Conferencia xuvenil CONFINT-Galicia con aportacións de nais e profesorado

O sábado 14 de xaneiro de 2012 tivo lugar a Conferencia Galega da mocidade “Vamos cuidar do planeta” .

Estamos moi contentas da realización do evento que como característica inusual integrou alumnado, profesorado e nais e pais. Todos tiveron a oportunidade de aportar a súa suxerencia para conservar o planeta para que a leven as nosas delegadas á Confint-España en Vitoria.

Invitámosvos a ver as fotos da Confint-Galicia que disfrutamos este sábado. Son obra de Susana, alumna da Escola de Imaxe e Son de Lugo. Gracias tamén a Francisco Brea, ex alumno do IES Audiovisual de Vigo polo seu traballo de vídeo, que montarán pronto no seu instituto e que pronto poderemos ver.

28 rapaces de 11 a 15 anos, en representación dos centros de Axenda 21 escolar de Galicia se xuntaron para redactar uns compromisos para levar á Confint-España en Vitoria.

Acompañáronos 14 profesores e 18 pais que se solidarizaron realizando a súa aportación e suxerindo tamén compromisos de mellora.

A conferencia deu os seguintes RESULTADOS:
- Compromisos para conservar o planeta:
       – 3 de alumnado,
       – 1 de profesorado
       – 1 de nais e pais.
- 3 pósters para visualizar os compromiso en Vitoria:
            – Esta será a túa terra
            – Normas de consumo racional
            – A ter en conta
- 2 spots de video para transmitir a mensaxe:

- Supernani Ecologista      – Las 5 Rs

- 1 canción coas mensaxes dos compromisos: Sé un Ecocidaán
Actualizaremos esta nova cos vínculos dos resultados.

Invitámosvos e seguir os comentarios no Facebook da A21EG ou aquí neste blog.

 

 

GD Star Rating
loading...
Share

Este sábado celebramos a Conferencia Internacional Infantil Confint-Galicia “Coidemos o Planeta”, desenvolvida no marco da Axenda 21 Escolar de Galicia

Este sábado,14 de xaneiro, no Museo Pedagóxico, en Santiago de Compostela, daranse cita os estudantes, ademais de profesores e pais, en representación dos centros adscritos á Axenda 21 Escolar de Galicia, onde expoñerán e compartirán as súas propostas para a protección do planeta, previamente debatidas nas aulas.

Deste encontro sairán elixidos os 20 alumnos que representarán á nosa comunidade na Confint-España, a celebrar os días 26 e 37 deste mes en Vitoria-Gasteiz, compartindo experiencias cun centenar de mozos de Cataluña, País Vasco, Madrid, Albacete e Canarias.

De aí á Confint-Europa, que contará con dous portavoces galegos, en Bruxelas do 14 ao 16 de maio.

O fin último destas actuacións non é outro que o de dar voz aos mozos sobre os retos do desenvolvemento sostible, chegando a unha declaración final que será froito de numerosos debates e reflexións colectivas a nivel de centros educativos.

A secuencia de accións culminará coa Confint 2012 en Río de Janeiro (Brasil), do 4 ao 6 de xuño, que se fará coincidir co Cumio da Terra Río+20. Neste evento rapaces de diferentes países terán a oportunidade de poñer en común as súas sensibilidades ambientais, promovendo a asunción de responsabilidades individuais e colectivas, e contribuíndo ao fortalecemento da Década da Educación para o Desenvolvemento Sostible (ONU/UNESCO). A súa mensaxe sobre os problemas medioambientais (locais e globais) a escala mundial trasladarase ás autoridades políticas.

TODO UN EXEMPLO DE PARTICIPACIÓN DEMOCRÁTICA

As distintas etapas polas que discorre a Conferencia Internacional Infanto-Xuvenil teñen un marcado carácter interactivo e de amplo alcance, mobilizando a estudantes, docentes e comunidades locais.

Concíbese como unha iniciativa de construción social onde as opinións dos máis novos son valoradas e respectadas, instando ao intercambio, a deliberación e o acordo de propostas. Como resultado deste proceso elíxense aos representantes que expoñerán as súas ideas a nivel rexional, estatal e continental ata chegar ao ámbito internacional definido polo Cumio de Río+20, onde se dará forma á mensaxe a trasladar ás autoridades políticas sobre os problemas medioambientais (tanto locais como globais),que afectan ao noso planeta Terra.

O PRECEDENTE DA CONFINT- 2010

Na CONFINT-2010 celebrada en Río elaborouse unha carta de responsabilidades dos mozos do planeta, na que se inclúe unha serie de prácticas que priorizan, entre outras cuestións, o uso eficiente dos recursos, apostando por un consumo responsable; a redución da contaminación da auga e das emisións de gases de efecto invernadoiro, contando para isto co apoio do goberno e o tecido empresarial; a estimulación da agricultura sostible, libre de agrotóxicos e transxénicos; o fortalecemento da educación e a cultura ambiental, instando á activa participación da cidadanía na preservación do medio ambiente; a creación de grupos ecolóxicos que protexan a biodiversidade; a promoción do transporte limpo; e o fomento da política das cinco Rs (reflexionar, rexeitar, reducir, reutilizar e reciclar).

GD Star Rating
loading...
Share

Videos (e un artigo) para coñecer a CONFINT

O sábado 14 de xaneiro celebraremos en Santiago de Compostela a nosa CONFINT-Galicia.

Pero… Qué é a CONFINT?   a resposta tédela nestos vídeos referidos á Confint-Brasilia 2010

Tamén tedes este artigo recén publicado na web do CENEAM: http://www.marm.es/es/ceneam/2012-01-confint_tcm7-186934.pdf

Miniatura                     Vídeo oficial  43:30

Miniatura5:34Vamos Cuidar do Planeta             Miniatura5:54  Carta Musical – CONFINT

GD Star Rating
loading...
Share

Mercadiño solidario no IES Lama das Quendas 20-12-2011

Miniatura<br />

Miniatura<br />

 As nosas compañeiras/os do IES Lama ds Quendas xa están desenvolvendo o seu proxecto e realizando accións de mellora.

O mercadiño solidario é unha moi boa idea … E non lles falta visualización como podedes ver no vídeo de Televinte Chantada!!

 Video do mercadiño organizado a final do curso pasado

 

 

 

 

 

 

 

GD Star Rating
loading...
Share

A A21EG organiza a CONFINT-Galicia. 14 de xaneiro en Santiago de Compostela

Os 42 centros participantes na A21EG poderán ter representación na Conferencia Infantil de Galicia (Confint-Galicia) para o coidado do planeta que terá lugar o 14 de xaneiro en Santiago de Compostela.

A Confint.(conferencia internacional infanto-xuvenil  para o coidado do planeta) é unha campaña pedagógica internacional dirixida á comunidade escolar de entre 12 e 15 anos.

O proceso comprende a realización de debates-conferencias nos centros educativos, comunidades autónomas, paises, e continentes para finalmente desembocar nun evento mundial (Confint- Rio+20, do 4 ao 6 de xuño).

Os obxectivos da Confint son:

-          Empoderar a opinión dos xóvenes de todo o mundo promovendo o intercambio de experiencias e sensibilidades.

-          Promover a asunción de responsabilidades individuais e colectivas para procurar o coidado do noso planeta.

-          Contribuir ao fortalecemento da Década da Educación para o Desenvolvemento Sostible (ONU/UNESCO)

A A21EG, ao traballar o alumnado os nosos proxectos asumindo retos presenta unha filosofía de traballo moi similar.

Tódolos centros da A21EG  tédela oportunidade de participar na Confint Galega.

Poderán participar alumnado de 6º primaria, 1º,2º e 3º de ESO, ata 2 persoas por centro.

Para participar, cada centro deberá enviar unha Ficha de inscricion por mail a educacion.sostible@gmail.com antes do 12 de decembro.

O proceso, a continuación será o seguinte:

a)      Cada centro ou aula participante desenvolverá un debate para decidir a responsabilidade que levarán a Confint-Galicia, e elixirán aos 2 representantes para  a Confint-Galicia. (Para ver o procedemento de traballo da sesión plenaria ver documento Indicacións desenvolvemento sesión plenaria)..

b)      Antes do 21 de decembro se enviarán as autorizacións pertinentes do alumnado elixido para participar na Confint-Galicia. O transporte para asistir á Confint-Galicia será a cargo dun adulto (pai/nai ou titor dun deles) no seu vehículo particular.

c)      A Confint-Galicia celebrarse o 14 de xaneiro de 2011, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Ademais dos titotores que farán o traslado dos alumnos participantes, poderá asistir o profesorado que o desexe. Ademais das actividades do alumnado haberá unha programación cultural paralela para os adultos acompañantes. Na Confint-Galicia elixiranse as 20 representantes da comunidade autónoma para asistir a Confint-España.

d)     A Confint-España terá lugar en Vitoria-Gasteiz o 26 e 27 de xaneiro de 2011. Nesta Conferencia estatal deseñaranse as responsabilidades conxuntas e elixirase a representación para a Confint-Europa, na que poderán ir dous alumnos/as de Galicia.

e)      Confint-Europa. Celebrarase en Bruxelas do 14 ao 16 de maio de 2011.

f)       Finalmente a Confint-2012 terá lugar en Río de Janeiro (Brasil) do 4 ao 6 de xuño, coincidindo coa Cumbre da Terra Río +20.  Unha pequena representación española acudiría a esta conferncia.

Para +info:

Blog da Confint-España: http://confint-esp.blogspot.com/ o descargar una presentación del proceso.

 

GD Star Rating
loading...
Share

É tempo de planificar o voso reto!!!

.

Este comic intenta ilustrar os primeiros pasos para o desenvolvemento do voso proxecto. Aqui podedes descargar o comic en pdf para empregar na aula se o considerades oportuno.

O RETO

Durante o curso iremos elaborando un pequeno serial de comics, que “acompañen” o proceso de traballo do alumnado dentro da A21EG, ao tempo que serve de elemento motivador.

Se queredes construír os vosos propios comics como recurso didáctico, podedes abrir gratuitamente unha conta en www.bitstrips.com e realizar os vosos propios comics.

Ánimo!!

GD Star Rating
loading...
Share

Segue aberto o prazo para a presentación dos proxectos de A21EG

Ecopatrulla no CEIP de Xermade

O prazo para presentar os proxectos remata o vindeiro 31 de outubro.  Os centros deben de entregar o proxecto en “formato ficha”, reenviándonos o documento “fichas Proxectos+accións, cunha ficha xeral para a descrición do proxecto e as fichas específicas das accions vinculadas ao proxecto de cada centro. Para facilitar a elaboración dos proxectos, tedes 2 documentos de consulta, Guía-Proxecto A21EG-2011-2012, e Orientacions Metodolóxicas, que pretenden orientar sobre os elementos máis relevantes a hora de definir os proxectos de Axenda 21 en cada centro.

Unha vez teñamos os proxectos, os faremos públicos nesta web para facilitar a interrelacción entre centros.

FichasProxecto+Accions

Guía-Proxecto A21EG-2011-2012

OrientacionsMetodoloxicas

Se dende os centros tedes algunha dúbida ou dificultade (sobre o proxecto, prazos, valor didáctico do reto,etc..) non dubidedes en porvos en contacto co  Servizo de Promoción e Participacion para a Sostibilidade, educacion.sostible@gmail.com, darémosvos gustosamente o noso apoio o mellor que podamos.

GD Star Rating
loading...
Share

Cómo unirse á rede de centros A21EG?

Xa temos aberta a inscripción para os centros neste curso 2011-2012.   Cómo participar?

1º  Enchemos o formulario de inscripción (compromiso do Consello escolar: ver condicións)

2º Comunicamos o noso Proxecto e os previsibles retos  asumir polo alumnado (leer a Guía do Proxecto  e as Orientacions Metodolóxicas)

Dende a web faremos visibles todolos proxectos dos centros, os seus retos e os contactos. Pero tamén inentaremos ir algo mais lonxe para que os múltiples retos xuntos parezcan mais grandes.

 

GD Star Rating
loading...
Share

«XORNADAS DA AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA. 2010 “EDUCANDO POLA SOSTIBILIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS” »

As Xornadas da Axenda 21 escolar de Galicia celebráronse entre os días 4 e 5 de xuño de 2010 en Santiago de Compostela. (Coincidindo co Día Mundial do Medio Am biente).

A finalidade deste encontro foi dar a coñecer as experiencias didácticas en educación para a sostibilidade que se veñen levando a cabo nos centros educativos de Galicia no marco do programa Axenda 21 escolar de Galicia

Nas xornadas participaron máis de 210 docentes de toda Galicia tanto de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, mesmo docentes que están a implantar a Axenda 21 escolar de Galicia nos seus centros como de docentes interesados en coñecer o programa.

A ampla documentación destas xornadas recolleuse na seguinte  publicación descargable.

Dispoñibles os audios da conferencias de JM Bastida, Hilda Weisman, e  MM Gordillo.

Continúa lendo «XORNADAS DA AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA. 2010 “EDUCANDO POLA SOSTIBILIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS” »

GD Star Rating
loading...
Share

CONVOCATORIA para os CENTROS para participar durante o CURSO 2011-2012

Aqui podedes acceder aos documentos relativos á convocatoria do programa para o curso escolar 2011-2012:

Convocatoria oficial curso 2011-2012da Dirección xeral de Sostibilidade e Paisaxe e a Dirección Xeral de Educación, Formación profesional e Innovación educativa.

Información convocatoria : describe as caractersiticas esenciais do programa para este curso.

Solicitude de Participacion: Formulario para a solicitude de participación dos centros interesados.

XuntanzaOBarco2011OReto

Lembramosvos que o envío da solicitude para participar no programa remata o 4 de outubro de 2011.

GD Star Rating
loading...
Share

Audio Entrevista radio sobre as Xuntanzas de alumnado de secundaria en Pontevedra

Entrevista de Radio líder a Manuel SAlgado con motivo da celebración da Xuntanza de Secundaria da Axenda 21 escolar de Galicia en Ponntevedra o26 de maio de 2011-

Vínculo ao audio    26-05 SOGAMA (2)

GD Star Rating
loading...
Share

A elaboración da “Carta ao futuro”

O alumnado de 3º de ESO do IES As Insuas de Muros, veñen de desenvolver unha experiencia educativa, que xira entorno a elaboración dunha carta dirixida ás autoridades locais sobre as diferentes problemáticas existentes no entorno e que dunha maneira ou outra dificultan un desenvolvemento verdadeiramente sostible. Un dos elementos máis interesantes desta experiencia residen na participación do alumnado na análise das problemáticas e cuestións que lles preocupa dende a perspectiva da sostibilidade e compartilas a nivel comunitario cos seus responsables políticos.

No seguinte enlace podedes consultar a experiencia máis polo miúdo

.Experiencia educativa Carta ao futuro_ IES As Insuas

GD Star Rating
loading...
Share

Recicl-ARTE: Un aula sostible para un planeta sostible

No IES Terra de Turonio veñen de desenvolver unha experiencia no marco da A21EG, na que dende a área  de educación plástica buscando traballar un amplo abano de competencias que tentaron potenciar sobre todo a sensibilización medioambiental en canto ao uso dos residuos, reutilizando materiais que inicialmente desbotamos, e o traballo de cooperación grupal e de comunicación na creación dunha obra artística de cara a sensibilizar sobre a necesidade do coidado do medio.   Esta actuación situouse no marco da actividade a “aula máis sostible”, o cal resulta moi interesante no camiño de dotar dunha vertebración común e unha coherencia a diferentes iniciativas que xorden nos centros educativos.  No seguinte enlace tedes máis información sobre esta experiencia didáctica.

experiencia didáctica_recicl-ARTE

 

GD Star Rating
loading...
Share

Os móbiles ao servizo da sostibilidade

No IES Lama das Quendas de Chantada, veñen de realizar unha experiencia baseada nun concurso de móbiles a prol da sostibilidade (COCUMO).

Esta experiencia, amosa o seu potencial no desenvolvemento dun proceso participado dende un elemento que lle resulta próximo ao alumnado (o móbil) e darlle unha utilidade didáctica e creativa, na que o alumnado se implica e constrúe contidos de interese para a axenda 21, e con moita capacidade para chegar e impregnar ao resto da comunidade educativa dos valores e actitudes que hai detrás do proxecto.

 

Aquí podedes consultar a FICHA-SÍNTESIS-EXPERIENCIA A21EG cocumo.

 

GD Star Rating
loading...
Share

O IES Pontecaldelas impulsa un proxecto de recollida e reciclado de aceites vexetais de uso doméstico

O IES Pontecaldelas ven de desenvolver unha experiencia moi interesante no estudo sobre os usos doméstico do aceite vexetal. ademais dentro da liña transformadora que debe ter unha axenda 21, esta experiencia plantexa actuacións dirixidas a mudar esta problemática,coa implicación directa e activa do alumando de diferentes cursos da educación secundaria. Outro dos aspectos de relevancia reside no uso das TIC para compartir a experiencia a través dun glogster (un poster cunhas potencialidades interactivas moi interesantes).  Por último cremos moi importante reseñar que no desenvolvemento dos proxectos en axenda 21, existan actuacións cun percorrido no tempo máis amplo ao curso escolar, xa que determinadas transformacións (introducir cambios no etiquetado dos aceites é unha delas) que requiren perspectiva no tempo, para provocar verdadeiros cambios e onde o alumnado é axente fundamental dese cambio.

No seguinte enlace podedes ver o glogster coas características máis interesantes desta experiencia.

proxecto de recollida e reciclado de aceitas vexetais de uso domestico: IES Pontecaldelas

 

 

GD Star Rating
loading...
Share

Unha unidade didáctica sobre as emocións e a paisaxe.

O alumnado e profesorado do  CEIP de Casaio veñen de desenvolver  no marco da A21EG unha unidade didáctica denominada coñecemos a nosa paisaxe para educación primaria na que se vincula o estudo da paisaxe e as emocións (co uso dos smileis) que nos xeneran determinadas paisaxes. Tamén ten un gran peso na unidade didáctica a valorización de diferentes lugares do pobo de Casaio e o resultado das accións do ser humano sobre a paisaxe, nun entorno no que a acción do ser humano está a ser determinante para a configuración da paisaxe actual.  Parabéns ao alumando e profesorado polo traballo realizado.

No enlace anterior podedes descargar esta unidade didáctica como recurso de traballo, tanto no intento de valorizar a paisaxe como os efectos emocionais que a paisaxe provoca nas persoas, e o que o ser humano pode facer para provocar emocións satisfactorias.

 

 

 

 

GD Star Rating
loading...
Share

O comic como ferramenta para traballar a mobilidade sostible

Durante as xuntanzas da A21EG  de educación primaria, deseñouse unha xincana con diferentes probas, coa finalidade de traballar de xeito lúdico o concepto do reto como elemento transformador da nosa realidade. Un dos retos que o alumnado tiña que superar era o da “cidade sostible”, consistentes en completar a última viñeta dun cómic na que deberían converter a unha cidade semi-deserta, na que eles desexaran tendo en conta sobre todo cuestións de mobilidade.

Aquí podedes descargar o COMIC CIDADE SOSTIBLE

Este cómic deseñouse a partires do acceso a seguinte páxina ( http://bitstrips.com/create/comic/) na que podedes deseñar os vosos cómics, ou o alumnado, xerando un recurso  moi interesante para traballar a mobilidade sostible ou calquera outro eido do voso  interese.

GD Star Rating
loading...
Share

O IES A SANGRIÑA xenera unha ferramenta para o cálculo da pegada ecolóxica dos centros

A Pegada Ecolóxica (PE) é un indicador de índice único que permite cuantificar o impacto das actividades humanas sobre os ecosistemas así como establecer as medidas correctoras para paliar ditos impactos. Este indicador pode aplicarse a diversas escalas e deste xeito xorde a PE Corporativa (PEC) aplicada a institucións ou a calquera tipo de empresas. Neste traballo realizouse o cálculo da PEC do IES A Sangriña (A Guarda, Pontevedra) para o ano 2010. Cuantificáronse os recursos materiais, enerxéticos e de mobilidade consumidos e os residuos emitidos durante o ano 2010 e aplicáronse os parámetros de conversión de cada un deles para estimar a cantidade de CO2 emitido. A cantidade anual neta estimada de CO2 emitido foi de 650 toneladas (0,58 tCO2 per capita). Os resultados indican que a mobilidade é a principal fonte de emisión de CO2 de toda a actividade do centro (76,7%) seguido da actividade de mantemento do edificio (8,8%), consumo eléctrico (7,2%) e o consumo de gasoleo de calefacción (6,9%). O profesorado resultou ser a clase con maior emisión de CO2 deribado da mobilidade (1,78 t CO2 per capita). Tendo en conta a taxa de absorción de CO2 polos bosques atlánticos, serían necesarias 104 ha para compensar as emisións de CO2.

Cos datos do proxecto elabororáronse uns paneis explicativos. Se algún centro desexa empregar os paneis para expoñer  podedes solicitalos ao IES  A Sangriña.

 

Para facilitar o cálculo da PEC doutros centros, desenvolveuse unha folla de cálculo dinámica sobre a pegada ecolóxica para facilitar o cálculo da PEC por parte dos centros que o desexen. Para calquera cuestión ou modificación da folla de cálculo, coa finalidade de adaptala ó teu centro, podedes comunicarvos cos autores a través do seguinte enderezo electrónico, jhermida@edu.xunta.es.

Agradecemos que os datos do cálculo nolos enviedes para poder facer unha comparativa entre os centros.

 

GD Star Rating
loading...
Share

Resultado da enquisa de valoración das xornadas de A21EG dirixidas ao profesorado

O profesorado asistente amosou un nivel moi óptimo de satisfacción co desenvolvemento das xornadas nas súas diferentes facetas (contidos, organización,etc….) . Parabéns en especial para o profesorado participante, e que dotou de contido ás xornadas de A21EG. sen eles, as xornadas non houberan obtido o nivel de calidade amosado.  Grazas tamén a Rosa Mª Pujol pola súa excepcional conferencia inaugural que serviu de marco conceptual do programa.

Para coñecer o resultado final da enquisa sobre as xornadas de A21EG podedes  premer a seguinte ligazón.

GD Star Rating
loading...
Share

Rematan as Xuntanzas de A21EG en educacion primaria

O pasado 1 de xuño remataron as xuntanzas de A21EG “O alumnado é o protagonista”, que tiveron lugar ao longo desta semana, no CEIP Lagostelle (Guitiriz), no CEIP Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) e no CEIP Pilar Maestú Sierra (A Pobra do Caramiñal).  Todas estas xuntanzas convertéronse en extraordinarios espazos para que o alumnado de educacion primaria compartira as súas experiencias educativas no marco da A21EG, ao tempo que se xeraron espazos de convivencia e interacción tremendamente positivos, tendo a educación para a sostibilidade como telón de fondo vertebrador das xuntanzas.

 

 

 

 

 

 

 

GD Star Rating
loading...
Share

Xuntanza de alumnado de primaria en A Pobra do Caramiñal

Programa XUNTANZA A POBRA 1 XUÑO

O Mércoles 1 de xuño celebrarase a Xuntanza de alumnado dos seguintes colexios:

Ver nota de prensa

  • CEIP PILAR MAESTÚ SIERRA (A Pobra do caramiñal) (CENTRO RECEPTOR)
  • CEIP LOURO (Muros)
  • CEIP CARDENAL QUIROGA PALACIOS (santiago de Compostela)
  • CPI PROGRESO (Catoira)
GD Star Rating
loading...
Share

Xuntanza de alumnado de primaria en O Barco de Valdeorras

Programa XUNTANZA O BARCO 31 MAIO

Ver prensa

O Martes, 31 de maio celebrarase a xuntanza de alumando dos seguintes colexios participantes na A21EG:

  • CEIP JULIO GURRIARÁN (O Barco) (CENTRO RECEPTOR)
  • CEIP RAMON OTERO PEDRAIO (O Barco)
  • CEIP CONDESA DE FENOSA (O Barco)
  • CEIP CASAIO (Carballeda de Valdeorras)
  • CEIP VENDA DAS BARREIRAS (Riós)
GD Star Rating
loading...
Share

Xuntanza de alumnado de primaria da A21EG en Guitiriz

Programa XUNTANZA GUITIRIZ 30 MAIO

O luns 30 de maio de 2011 celébrase unha xuntanza de alumnado dos colexios: 

CEIP LAGOSTELLE (Guitiriz ) (CENTRO RECEPTOR)

CEIP SANTO SETEVO DE PARGA(Guitiriz)

CEIP SAN MARCOS (Abegondo)

GD Star Rating
loading...
Share

A xuntanza do alumnado de Secundaria da Axenda 21 escolar de Galicia celebróuse o 26 de maio en Pontevedra

Acudiron ao Pazo da Cultura de Pontevedra  uns 330 alumnos de 18 centros educativos de secundaria da Rede A21EG procedentes de distintos concellos de Galicia.
-               -   Programa Xuntanza Secundaria -                     Entrevista en Radio Líder o 26/5/2011
O obxectivo das xuntanzas é o intercambio de experiencias educativas en torno á sostibilidade que os e as alumnas  desenvolveron nos proxectos de A21EG nos seus centros. Baixo o lema “O alumnado é o protagonista” foron os propios alumnos os que amosaron as súas experiencias e traballos e fomentaron a participación interactiva dos seus compañeiros nos mesmos.
Neste curso 2010-2011, os proxectos de A21EG foron plantexados como un reto, no sentido de actuar para o cambio cara a sostibilidade tanto no seu centro como no seu contorno.
Os alumnos, de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, explicaron aos compañeiros doutros centros as súas experiencias. Estas se amosarán en 3 espazos:
Espazo aula-seminario: Se realizaron dúas sesións de 9 espazos simultáneos para a presentación por alumnos dos seus proxectos ao alumnado dos outros centros da Rede A21EG.  (ver contidos accedendo dende o nome dos centros).
Espazo artístico-cultural: Presentación no auditorio de accións de A21E a través de distintas manifestacións artísticas: teatro, música, vídeo, curtas, etc. Sobresae a produción audiovisual sobre turismo sostible na cidade de Ourense realizado entre os módulos de FP de Turismo e Produción Audiovisual dun centro de FP desta cidade,  ou o festival  de curtas para móbiles para a sensibilización en torno á conservación do medio ambiente, una obra de teatro que invita á reflexión sobre a postura egocéntrica fronte a social,  etc.
Espazo Interactivo Aberto: Consiste nunha especie de feira de mostras onde o alumnado expón e fai participar nas súas actividades e iniciativas ao resto de compañeiros buscando a participación. Contarase con paneis expositivos sobre o cálculo da pegada ecolóxica dun centro educativo, sobre o estudio do ecosistema da ría de Ribadeo, un mercado de troco para o fomento de consumo responsable, así como distintos obradoiros e xogos deseñados polo alumnado de A21EG.

A xuntanza da  Axenda 21 escolar de Galicia se ofrece como marco para amosar outros programas, proxectos e iniciativas de educación ambiental que se están a levar a cabo na nosa comunidade autónoma tanto dende a propia administración como dende outras entidades. Desta forma, o recinto ferial de Pontevedra convertirase nunha mostra de proxectos e iniciativas de educación para a sostibilidde promovidas ou con apoio da administración autonómica.

Ver prensa

Así pois na mostra poderanse ver puntos informativos de.

- Consellería do Mar, Pomoción consumo de peixe

- Consellería de Sanidade: programa vida saudable.

- Instituto Galego de Consumo: con dinamización da Escola Galega de Consumo

- Secretaría Xeral de Xuventude e Voluntariado: con ampla información da oferta á xuventude

- Inega : exposición sobre eficiencia enerxética,

- Ceida: Centro de divulgación e información ambiental

- Sogama, xestión de residuos urbáns

- Ecoembes, xestión de residuos de embalaxes

- Meteogalicia, con exposición e estación meteorolóxica

- Climántica, proxecto educativo sobre o cambio climático

- Voz Natura, proxecto decano de educación ambiental

- Proxecto Ríos, protección e coñecemento dos ríos

- Proxecto Terra: proxecto educativo sobre o valor do patrimonio e a paisaxe.

- Life Aquaplan: Proxecto de protección da cunca do embalse de Cecebre.

- Intered: Proxectos educativos para os países en vías de desenvolvemento.

Entre estas colaboracións cabe citar a Consellería de Mar, coa súa campaña de promoción de consumo de conservas de peixe “Ponlle as pilas ao teu bocata”, que ofrecerá  deliciosos bocadillos de conservas de peixe a tódolos participantes.

Axúntase listado de centros educativos e a programación da Xuntanza.
CIFP A FARIXA
IES A SANGRIÑA
IES AS INSUAS
IES CANIDO
IES CONCEPCIÓN ARENAL
IES POETA DIAZ CASTRO
IES PONTE CALDELAS                 glogster do traballo da recollida e reciclado de aceite doméstico
IES PORTA DA AUGA
IES Nº1 DE RIBEIRA
IES XESÚS TABOADA CHIVITE
CPI CASTROVERDE                         Ecoauditoría escolar
IES CAMPO SAN ALBERTO
IES LAMA DAS QUENDAS
IES MARTAGUISELA
IES MANUEL GARCÍA BARROS
IES FIN DO CAMIÑO
IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL
IES SANTO TOMÉ
IES LAXEIRO
IES DO CASTRO
IES TERRA DE TURONIO                Reciclarte:  triptico reciclarte Reciclarteunidade didáctica FotoObradoiro Mural

GD Star Rating
loading...
Share